Con motivo do Samaín, o alumnado de 1ºESO fixo na materia de Lingua Galega un arrepiante obradoiro de sobremesas, que puxo á venda nos recreos da semana. Os cartos recollidos destinaranse ó 10%, que atende mensualmente a vintecinco familias ourensanas. Aínda que o 10% é un movemento colexial coñecido en todos os cursos, a invitación a colaborar como voluntarios na preparación de bolsas ou no reparto de alimentos ten lugar co paso á ESO, polo que o alumnado de 1º coñeceu de primeira man a final de setembro esta acción solidaria e rapidamente enganchou coa proposta. O interese dos alumnos quedou reflectido na esmerada presentación das sobremesas: filloas decoradas como dedos de vampiro, galletas con forma de fantasma ou morcego, madalenas que semellan ollos con arañas, porcións de cabaza rebozada… Un xeito divertido e solidario de achegarse ás nosas tradicións e celebrar así o Samaín máis solidario. ¡Noraboa pola vosa iniciativa!