MarCha Ourense comeza as súas actividades e quere contar contigo. Se es alumno de 1º ESO ata 2º BAC, xa podes encher a inscrición dixital e formalizar a túa pertenza a MarCha OU. Están á túa espera xogos, dinámicas, excursións, obradoiros… e tamén xuntanzas e campamentos de verán con rapaces e rapazas doutros colexios maristas, para quen teña participado nas propostas locais durante o curso.
Neste enlace atoparás toda a información e as instrucións para o proceso de inscrición. Lembra que se tes algunha dúbida, estamos á túa disposición en Pastoral os xoves 20 e 27 de outubro, de 16.30 a 18.30, ou no correo ourense@marchacompostela.org. Ante calquera dificultade co programa de inscrición, podes tamén contactar con gestion@marchacompostela.org.
Esperámoste!