Ciclo de conferencias ao abeiro do Día da Muller 2020
Ao abeiro da celebración do día da Muller,e ao fío da nosa participación no Plan Proxecta Donas de si, terá lugar no centro un ciclo de conferencias para tódolos cursos da ESO e BAC onde participarán mulleres relevantes na ciencia, na arte e no estudio histórico do ámbito próximo ao alumnado.
Entre o 4 e o 12 de marzo, no Salón de Actos do colexio Maristas Santa María.
PONENTES
4 de marzo 11:00 h
Sabela Bouzo. Enxeñeira.
A divulgación científica no Parque Tecnolóxico de Galicia
1ºESO
5 de marzo 11:00 h
Sandra Cortes. Química
Destilando la ciencia
2º ESO
6 de marzo 11:00 h
Susana Reboreda. Historiadora.
A muller na Antiga Grecia
1º ESO
6 de marzo 12:00 h
Laura Campo. Física
A excursión do sangue
2º Bac
10 de marzo 11:50 h
Clara Cordeiro. Xestora cultural
Elas tamén pintan. 7hcoop
3º ESO
11 de marzo 11:00 h
Elvira Carregado. Arquitecta.
Hai mulleres
1º Bac
12 de marzo 11:00 h
Zulema Varela. Bióloga.
Ciencia é nome de muller?
4º ESO
OBXECTIVOS
1. Por o foco na tarefa e legado cultural e histórico das mulleres, visibilizando a súa labor fundamental para a configuración e desenvolvemento da sociedade actual.
2. Eliminar prexuízos que identifican a historia da humanidade con nomes masculinos, sacando á luz á metade feminina da humanidade.
3. Coñecer a vida e achegas de mulleres relevantes no ámbito da ciencia, a historia e a arte, a nivel mundial, europeo e galego, achegándonos a referentes femeninos actuáis nos diferentes ámbitos.
4. Recoñecer o papel clave na historia das mulleres analizando as súas función que, como espiña dorsal da sociedade, atópanse asociadas a tarefas consideradas pouco relevantes e secundarias, pero imprescindibles para o mantemento do sistema.
5. Reflexionar sobre o estado actual da cuestión da desigualdade de xénero, analizando avances e dificultades na consecución do horizonte da igualdade.