Conmemoración lírico-musical no concello. Non podemos saber como sería Rosalía de Castro. Sabemos que foi verdadeira, que viviu toda a súa vida con verdade e que foi unha persoa libre.
Escribiu poesía, e a poesía abrázao todo: a alegría, a esperanza, a dor,… Toda a súa poesía é lírica; non nace das ideas, que nace dos sentimentos, afectos e emocións da autora.