• Galego
  • Español
  • English

vivamos o Entroido

A nosa celebración do Entroido en Infantil e Primaria abrangueu toda a semana e tivo como eixo temático a loita contra a covid, especialmente durante o confinamento, cunha homenaxe ás profesións esenciais, que foron o motivo dos distintos disfraces.

Así, ademais das instrucións diarias do Meco, que nos ía indicando que traer cada día (algo na cabeza, algo no pescozo, medias diferentes, pantalóns dados a volta e disfrace completo), nas diversas materias abordouse algún contido relativo á temática traballada. Por exemplo, resolver contas e problemas en Matemáticas a partir de datos da enfermidade, ampliar o noso coñecemento sobre o coronavirus e o porqué das medidas de prevención en Science, tratar desde as diversas linguas aspectos relativos ás profesións esenciais...

A mañá do venres tivo carácter lúdico, coa realización de diversas manualidades (bandeirolas de agradecemento, antefaces de entroido, cubre-máscaras decorados…), almorzo de doces típicos, desfiles de disfraces, xogos e un amplo etcétera. Ademais de reflectir as profesións esenciais de Infantil a 4º de Primaria, os alumnos de 5º e 6º convertéronse en caza-covids, coma homenaxe ós que traballan na investigación para combater a enfermidade. Para todo isto, xunto á implicación dos profes, cabe destacar a colaboración de nais e pais, especialmente dos que desenvolven algunha profesión esencial e se fixeron presentes nas aulas -de forma telemática- para explicar o seu traballo.

Coa semana concluída, quédanos a cada un a posibilidade de seguir celebrando o Entroido en familia e participar tamén na proposta de APAMAR para estas festas. Vivamos o Entroido!

Atopa tódalas imaxes da celebración no noso Facebook