Na semana da festa da nosa lingua temos feito diversas actividades de sensibilización cara o uso do galego como medio de expresión artística, social e persoal. Queremos que os nosos alumnos e alumnas amosen apego pola súa lingua e sintan que forman parte dunha cultura única. Por iso realizamos actividades como a campaña de adopción dunha palabra, onde os nenos e nenas escolleron unha palabra galega que consideraban especialmente fermosa, buscaron o seu significado e comprometéronse a coidala e difundila, facendo un certificado de adopción da mesma. Tamén ampliamos os fondos das bibliotecas de aula nalgunhas clases, coa compra de de libros por parte do equipo do Plan Lector. E, así mesmo, na materia de Lingua Galega promovimos diversas actividades e xogos para lembrar que nos expresamos…
En galego, porque é a miña lingua e a dos meus.
En galego, porque eu son galego e pertenzo a esta terra.
En galego, porque son afortunado ó coñecer moitas linguas.
En galego, porque quero e o que se quere protéxese.