Organizado pola Federación de ANPAS.
O alumnado de 5º e 6º ten traballado moi duro nestas últimas semanas para convertirse en #EmbaixadoresDaIgualdade, coa colaboración de Apes Asociación, entidade ourensá que traballa para a Prevención e Educación Social. O principal obxectivo do proxecto ten sido fomentar a igualdade e previr a violencia de xénero entre o alumnado. O proxecto organizouno a Federación de ANPAS de colexios concertados e privados de Ourense.
Tras catro sesións, nas que temos aprendido, reflexionado e compartido en torno a este tema, cerramos este proxecto o 25N, día Internacional contra a Violencia de Xénero, visionando o "Manual d@s embaixador@s da Igualdade", que recolle o froito de todo este traballo.