Falar de Samaín é relatar a nosa cultura, a nosa orixe celta, merecedora de recoñecemento e dignificación. Así pois, dende as aulas de Lingua de 1º ESO decidimos non só facer unha pequena homenaxe a esta raíz, senón xuntala cunha das bases máis maristas, a solidariedade. Con esta idea, o noso voluntarioso alumnado elaborou distintas sobremesas que puxemos á venda nos recreos de Secundaria, coa finalidade de levar a cabo unha recadación a beneficio da “Asociación 10%”.
Parabéns a todos e cada un dos que colaborastes por tanta xenerosidade!