Achegar ó alumnado de 6ºEP ó mundo da dobraxe foi o obxectivo da actividade «Dobraxe na escola», que serviu tamén para fomentar a comunicación oral en galego e traballar a dramatización, a concentración e o traballo en equipo. Desde o primeiro minuto, os rapaces mergulláronse nas propostas dos monitores, nos seus xogos de dramatización, na súa explicación do proceso de creación dunha película, desde a elaboración do guión ata a dobraxe… Así, cando chegou o momento de gravarse, todos querían experimentar a sensación de pór voz ós personaxes da corta de animación proposto.
A actividade, promovida polo Concello de Ourense, contou coa presencia do Concelleiro de Educación, D. Antonio Fernández Martín, que volveu ó seu colexio para coñecer de primeira man esta iniciativa do departamento que el dirixe. Grazas polo seu interese! E grazas tamén a Suso Pando e Manuel Pombal pola súa profesionalidade, entusiasmo e capacidade para implicar ós alumnos!