Como vén sendo habitual, a primeira semana de outubro concluíu cunha xornada de convivencia para o alumnado de Infantil e Primaria. Trátase dun día de celebración, no que se fortalecen as relacións e se impulsa o novo curso. As actividades variaron segundo a idade dos alumnos e os obxectivos da xornada, con destinos diversos en Primaria: Allariz, con camiñada e piscina para os maiores de 5º e 6º; Monterrei e a súa contorna natural, vestidos de outono para 1º e 2º, e os paseos do río para 3º (Parque Miño) e 4º (Avenida das Ninfas e Parque 25 de novembro). En Infantil, pola súa banda, mentres os pequerrechos de tres anos traían de casa os seus xoguetes e compartíanos cos compañeiros, os de catro saíron ao Parque de San Lázaro e os de cinco achegáronse á Alameda do Cruceiro para gozar dunha mañá de xogos. Ámbalas «excursións» contaron tamén coa compañía e axuda de nais e pais que viron connosco.
En resumo, unha xornada especial en cada un dos cursos, onde o compañeirismo se potencia e a alegría se comparte.
Que outros bos momentos nos traerá este ano?