O alumnado de ESO e BAC gozou dun luns de convivencias iniciais por cursos para compartir unhas horas distendidas con compañeiros e profesores, fortalecer as relacións que se van aquilatando e gozar tamén na natureza outonal, cun tempo de camiño compartido en cada curso. Mesmos obxectivos e diferentes destinos: parque de Monterrei (1ºESO), camiño real Esgos-San Pedro de Rocas (2ºESO), percorrido polas sendas de Nogueira de Ramuín ata o mirador de A Lampa (3ºESO), camiño de Santiago a Cea (4ºESO), etapa final do Camiño (1ºBAC) e relaxante xornada nas termas de Outariz (2ºBAC).
En resumo, unha xornada especial en cada un dos cursos, onde o compañeirismo se potencia e a alegría se comparte.
Que outros bos momentos nos traerá este ano?