Alumnos e profesores gozamos dunha xornada especial na primeira semana de outubro. Con distintos destinos segundo o curso, dende o Parque de San Lázaro para os pequechos de 4 anos ata o cume do monte Santa Tegra para 1ºBAC, o día das convivencias ten sido unha ocasión de coñecernos un pouco mellor, afianzar as nosas relacións como grupo e, na maioría dos casos, desfrutar un día na natureza, sexa cun bo baño na praia do Muíño (A Guarda) ou nas piscinas de Allariz, ou cunha andaina á sombra dos carballos, camiño de Cachamuíña ou do miradoiro da Moura (Nogueira de Ramuín). Tambén houbo tempo para aprender, dende como se elabora o cacao, na Fábrica-Museo do chocolate (Teimende) ata a vida e obra de Curros ou a historia do mosteiro de San Rosendo, na visita a Celanova de 1º ESO. En calquera caso, o que non faltou en ningún curso foron as risas, os xogos, as conversas informais e o compartir un pouco máis profundo nas dinámicas propostas. En definitiva, unha oportunidade de celebrar xuntos o comezo do curso 23-24 e sentirnos na casa cos nosos compañeiros e profesores. Compróbao nas fotos da nosa galería ou nas publicacións dos Instagram de @maristasourense e @maristasourenseinf.
16
Ene
Las puertas del colegio Marista Santa María de Ourense están abiertas para ti. Si deseas...