O alumnado de 6º de Primaria vén de concluír o proxecto «Embaixadores da igualdade», comenzado no curso pasado. A partires dunha enquisa sobre as actitudes que o alumnado tiña sobre a desigualdade de xénero e despois da súa análise, realizáronse unha serie de actividades repartidas en tres sesións de traballo.
Como obxectivos do «Proxecto igualad@s», cabe sinalar:
- Identificar as distintas formas de violencia de xénero.
- Eliminar estereotipos sobre a muller existentes na sociedade.
- Fomentar o respeto e a tolerancia.
- Promover entre o alumnado habilidades para previr a violencia de xénero.
- Favorecer a resolución de conflictos dun xeito adecuado.
- Coñecer e evitar os micromachismos.
- Identificar a desigualdade de xénero na publicidade, na prensa, nos xoguetes…
As familias foron informadas do proxecto a través dun comunicado e diversas infografías sobre o tema tratado, que APAMAR publicou nas súas redes. Tamén se difundiron nas redes sociais do colexio algunhas das actividades realizadas polos alumn@s.