"O esforzo cotián das mulleres"
Enlace La Voz de Galicia
Co gallo do Día das Escritoras, o Equipo de Plan Lector impulsou unha exposición de textos seleccionados dalgunhas das voces máis significativas das letras galegas, ás que incorpora tamén un poema da novel autora Carmen Castrillo, exalumna do centro. Na Biblioteca de Secundaria recóllense diversos fragmentos de obras destacadas, en papel ou accesibles a través dun código QR, cunha proposta de actividades para os alumnos que visiten a exposición.
Entre o luns 19 e o mércores 21, o alumnado de 3º ESO a 1º Bacharelato pasará por esta sala, que estrea o nome de "Torre de Babel". Acompañados polo seu profesor ou profesora de Lingua Galega, poderán gozar deste compendio de textos e conectar con tantas e tantas mulleres cuxas palabras seguen tocando hoxe os nosos corazóns. Visibilizar o papel das escritoras galegas supón poñer o foco nun grupo de mulleres que nos permiten admirar a beleza e o xenio creador que brota na nosa terra, ao noso lado, educándonos así na descuberta da beleza e impulsando o recoñecemento da muller e a igualdade de xénero.