• Galego
  • Español
  • English

Procedemento de Admisión do Alumnado

A partires do 2 de marzo abrirase o prazo de solicitude de admisión para o ALUMNADO DE NOVA INCORPORACIÓN AO COLEXIO  para E. Infantil, Primaria e ESO.

Levarase a cabo nas datas comprendidas dende o 2 ao 20 de marzo de 2017. (o día 1 é non lectivo polas vacacións de entroido)

Tamén para o bacharelato está aberto o período de solicitude ata completar as plazas dispoñibles.

A DOCUMENTACIÓN relativa á solicitude estará a súa disposición na portería do Colexio. O formulario en versión dixital pódese descargar nesta mesma páxina. Tamén está dispoñible na sede electrónica da Xunta. Unha vez cuberto, poderá presentarse de forma presencial no centro, ou ben directamente a través da aplicación da Xunta "admisiónalumnado" (solicitudes>admisión).

En calquera das modalidades adoptadas, invitámolos a manter unha entrevista persoal coa finalidade de informalos sobre o proxecto educativo e outros aspectos relativos á organización e funcionamento do Colexio. 

FORMALIZACIÓN DA MATRÍCULA: (informaremos das datas concretas)

Formalización da matrícula en educación infantil e primaria: finais de xuño

Formalización da matrícula en ESO: finais de xuño e principios de xullo.