• Galego
  • Español
  • English

Portas Abertas da Deputación de Ourense

Unha ducia de alumnos da ESO foron invitados a participar este sábado na xornada de portas abertas da Deputación de Ourense e puideron expor aos visitantes os seus traballos, realizados no marco da 4ª Semana Escolar da Provincia. Os alumnos puideron tamén disfrutar da visita guiada ao Pazo Provincial, dirixida polo Presidente da Deputación, e saudar á Dª. María Lado e D. Xosé Antonio Perozo, autores do libro-manual "Viaxe ao patrimonio natural da ourensanía", que serviu de base para realizar os seus traballos durante a pasada semana na materia de Bioloxía.