• Galego
  • Español
  • English

O Noso Colexio

O noso Colexio ofrece un modelo educativo baseado no estilo de San Marcelino Champagnat, fundador da Institución Marista

Para educar ben aos nenos hai que amalos, e amalos a todos por igual. Segundo este principio, as características particulares do noso estilo educativo son: presenza, sinxeleza, espírito de familia, amor ao traballo...

Pretendemos lograr dos nosos alumnos a confianza en si mesmos, o traballo en equipo, a aceptación de responsabilidades, a creatividade, o desenvolvemento do xuízo crítico, o sentido do trascendente...

Estamos en comunicación constante cos pais dos alumnos, contamos cun grupo de profesores con experiencia, preparación e renovación constante. Temos unha constante colaboración da A.P.A. Somos un centro educativo de calidade.