• Galego
  • Español
  • English

I Certame de Panxoliñas

Belén colexial, decoración de aulas e corredores, festivais, celebracións, eucaristía de familas... A todas estas actividades que anuncian o misterio do Nadal no noso colexio, ténselles sumado este ano a participación no I Certame de Panxoliñas do Concello de Ourense.
Na mañá do venres, unha treintena de alumnos de Secundaria, acompañados polo profesor de Música, encheron coas súas voces as rúas da cidade, anunciando a proximidade do nacemento de Xesús. O certame concluíu ás portas do Concello, onde confluímos o conxunto de centros concertados participantes: A Purísima, Padre Feijoo, Luis Vives, Divina Pastora, San José e máis nós.