• Galego
  • Español
  • English

Eu quero ser...

Podes ver o programa da RTVG grabado no colexio coa actriz María Vázquez, neste enlace.

Os alumnos de 4ºB do Colexio Maristas Santa María de Ourense recibirán unha visita moi especial: a actriz María Vázquez, antiga alumna do centro volve pisar a súa vella clase máis de 20 anos despois. María emprende unha viaxe ao pasado na que se ve sorprendida polo antigo director do colexio, o seu profesor favorito, Don Prudencio, e unha das súas compañeiras de clase, María Bobillo.