• Galego
  • Español
  • English

Asociación Social 10 %

QUE É O 10%?

É unha ASOCIACIÓN SOLIDARIA recoñecida oficialmente co nome de ASOCIACIÓN SOCIAL DO 10%.
Comezou a funcionar no Colexio no ano 1973 por iniciativa do Irmán Manuel Álvarez, para a formación social de nenos e mozos e a solidariedade cara ós máis desfavorecidos do contorno.
Desde entón non ten deixado de ser un dos piares educativos con maior implicación no centro. O nome débese á cantidade económica que se lles pide, voluntaria e simbolicamente, que compartan: o 10% da súa “paga” semanal.

OBXECTIVOS:
1° Formar a nenos e mozos, ó estilo de San Marcelino Champagnat; para que sexan bos cidadáns e cristiáns sensibles ós problemas dos demais.
2° Ofertar oportunidades a nenos e xoves, para saír de si mesmos e abrirse ós demais; adquirir o sentidosocial e desenvolver valores tales como: xustiza, compartir, solidariedade e servizo desinteresado.
3° Solidarizarse cun grupo amplo de familias de Ourense sen recursos, para que estas poidan vivir coa dignidade á que todos temos dereito.
4° Promover o voluntariado e os valores que comporta...

Mais no enlace e tamen en facebook