• Galego
  • Español
  • English

Imos de magosto

A celebración do magosto o venres pasado marcou a xornada para os alumnos de Primaria. As saídas por niveis á Seara (1º-2º), Luíntra (3º-4º) e Os Milagres (5º-6º) comezaron cun momento de amencer e seguiron con xogos ou andainas –segundo o curso-, culminando con chourizos e castañas preparados polos profes.

Os cativos de Infantil tiveron a súa propia celebración pola tarde no Colexio, grazas a colaboración de un bo grupiño de pais que axudaron coa actividade, mesmo facendo unha fogueira no patio.

E por se alguén aínda quedaba con ganas de festa, ás 17.30 a Asociación de Nais e Pais organizou un magosto familiar no patio. E seica debía haber ganas, porque non só os chourizos, castañas e refrescos foron desaparecendo, senón tamén un riquísimo chocolate con churros que aqueceu ós participantes e mantivo o patio cheo de pais e alumnos ate as sete e media da tarde. Sen dúbida, unha boa iniciativa de APAMAR, que tamén ten previsto para este mes unha andaina solidaria, a participación en familia na San Martiño e o inicio dun curso de técnicas de estudio de tres meses de duración. Noraboa por todas estas actividades!

Ver Galería de Fotos de Infantil

Ver Galería de Fotos de Primaria