• Galego
  • Español
  • English

Procedemento de Admisión do Alumnado

A partires do 1 de marzo abrirase o prazo de solicitude de admisión para o ALUMNADO DE NOVA INCORPORACIÓN AO COLEXIO  para E. Infantil, Primaria, ESO e Bacharelato.

Levarase a cabo nas datas comprendidas dende o 1 ao 20 de marzo de 2019.  O restos das datas do Proceso de Escolarización poden consultalo no documento adxunto.

A DOCUMENTACIÓN relativa ao procedemento de solicitude estará a súa disposición na portería do Colexio. O formulario (anexo II ED550B) en versión dixital pódese descargar nesta mesma páxina. Tamén está dispoñible na sede electrónica da Xunta. Unha vez descargado e cuberto, poderá presentarse de forma presencial no centro, ou ben directamente a través da aplicación da Xunta "admisiónalumnado" (solicitudes>admisión).

En calquera das modalidades adoptadas, invitámolos a manter unha entrevista persoal coa finalidade de informalos sobre o proxecto educativo e outros aspectos relativos á organización e funcionamento do Colexio.